LFC 2024-2025 strikes again!
Benvidos fantásticos!
Unha nova edición da prestixiosa LFC arranca de novo. Antes de nada felicitar ao vixente campión, o gran Quique.
O presente blog vai servir de instrumento básico para xugar na LFC 2024/2025 xunto co grupo de whatsapp.
Nun enlace que se enviou polo whasapp teredes un listado cos xogadores (folla de cálculo) onde se indica o código, nome, posto, valor e equipo. Deberedes descargala folla para facer os equipos e buscar os mellores xogadores.
Vai estar dispoñible para consulta e descarga.
Usaremos o grupo de whatsapp para enviar equipos, notificacións, etc. Recordade, xugador con código é imprescindible. Non vale só co nome. Importante poñerlle un nome ao equipo na primeira xornada.
A primeira xornada da nosa competición vai ser o próximo venres día 13 co interesante partido Betis-Leganés ás 21:00. Polo tanto, os equipos terán que estar feitos e enviados antes das 20:30.
O blog está pensado para abrir tamén no teléfono cunha versión optimizada.
As regras do xogo tamén están á vosa disposición. 
OLLO! Como novidade só pode haber 6 xugadores do mesmo equipo.
Comentarios
Publicar un comentario