Benvidos a unha nova edición da LFC
Ola compañeiros! Benvidos un ano máis á grande LFC e un saúdos especial aos novos participantes. O presente blog vai servir de instrumento básico para xugar na LFC 2022/2023 xunto co grupo de whatsapp. Nun enlace que se enviará polo whasapp teredes un listado cos xogadores (folla de cálculo) onde se indica o código, nome, posto, valor e equipo. Deberedes descargala folla para facer os equipos e buscar os mellores xogadores. Vai estar dispoñible para consulta e descarga. Usaremos o grupo de whatsapp para enviar equipos, notificacións, etc. Recordade, xugador con código é imprescindible. Non vale só co nome. O blog está pensado para abrir tamén no teléfono cunha versión optimizada. As regras do xogo tamén están á vosa disposición. Botarlle un ollo. Poñédelle un nome ao voso equipo. Por último felicitar ao vixente campión Dani. A continuación vou indicar o enlace dende onde podedes descargala táboa cos xugadores e así poder facelos vosos equipos.  Tedes que abrir o enlace e descargalo...