Benvidos a unha nova edición da LFC

Ola compañeiros!

Benvidos un ano máis á gran LFC.

O presente blog vai servir de instrumento básico para xugar na LFC 2021/2022 xunto co grupo de whatsapp.

Nun enlace que se enviou polo whasapp tedes un listado cos xogadores (folla de cálculo) onde se indica o código, nome, posto, valor e equipo. A folla deberedes descargala para facer os equipos e buscar os mellores xogadores.
Vai estar dispoñible para consulta e descarga.
Usaremos o grupo de whatsapp para enviar equipos, notificacións, etc. Recordade, xugador con código é imprescindible. Non vale só co nome.
O blog está pensado para abrir tamén no teléfono cunha versión optimizada.
As regras do xogo tamén están á vosa disposición. Botarlle un ollo.

Poñédelle un nome ao voso equipo.

Por último felicitar ao vixente campión Lucas.

A continuación vou indicar o enlace dende onde podedes descargala táboa cos xugadores e así poder facelos vosos equipos. Se vos olvidáchedes de como se facía podedes acudir ás primeiras entradas do blog alá por setembro do ano 2016 e refrescala memoria. Se aínda así tedes dúbidas ou problemas manifestalo no whatsapp.



Tedes que abrir o enlace e descargalo no teléfono ou no pc. Alí poderedes modificalo e traballar con el.
Saúdos compañeiros e sorte a todos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Xornada 23 LFC

Xornada 32 LFC

Xornada 22 LFC