Benvidos á LFC 2018-2019

Hola a todos!
Antes de comezar con unha nova edición da LFC, gustaríame darlle a benvida aos novos concursantes Luís e Rubén, así como a reincorporación de Borja.

O presente blog vai servir de instrumento básico para xugar na LFC 2018/2019.

Teredes un listado cos xogadores (folla de cálculo) onde se indica o código, nome, posto, valor e equipo. A folla deberedes descargala para facer os equipos e buscar os mellores xogadores.
Vai estar dispoñible para consulta e descarga.
Necesitaremos os vosos enderezos electrónicos para un mellor funcionamento e usaremos o grupo de whatsapp para enviar equipos, notificacións, etc.
O blog está pensado para abrir tamén no teléfono cunha versión optimizada.
As regras do xogo tamén están á vosa disposición. Botarlle un ollo.

Por último felicitar ao vixente campión Quique, gañador de tres edicións, empatando co gran M.Maneiro, como os mellores xogadores ate o momento na LFC. De seguro que non lle vai ser fácil revalidalo título nesta nova tempada.

 A continuación vou indicar o enlace dende onde podedes descargala tabla cos xogadores e así poder facelos vosos equipos. Se vos olvidáchedes de como se facía podedes acudir ás primeiras entradas do blog alá por setembro do ano 2016 e refrescala memoria. Se aínda así tedes dúbidas ou problemas manifestalo no whatsapp.

https://drive.google.com/file/d/1xQKjEs4hDgN2PRaUHOYwHDKOULmVpTCu/view?usp=sharing 

Tedes que abrir o enlace e descargalo no teléfono ou no pc. Alí poderedes modificalo e traballar con el.
Saúdos compañeiros e sorte a todos!

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Xornada 23 LFC

Xornada 32 LFC

Xornada 22 LFC