Benvidos á LFC 2018-2019
Hola a todos!  Antes de comezar con unha nova edición da LFC, gustaríame darlle a benvida aos novos concursantes Luís e Rubén, así como a reincorporación de Borja.   O presente blog vai servir de instrumento básico para xugar na LFC 2018/2019.   Teredes un listado cos xogadores (folla de cálculo) onde se indica o código, nome, posto, valor e equipo. A folla deberedes descargala para facer os equipos e buscar os mellores xogadores.  Vai estar dispoñible para consulta e descarga.  Necesitaremos os vosos enderezos electrónicos para un mellor funcionamento e usaremos o grupo de whatsapp para enviar equipos, notificacións, etc.  O blog está pensado para abrir tamén no teléfono cunha versión optimizada.  As regras do xogo tamén están á vosa disposición. Botarlle un ollo.   Por último felicitar ao vixente campión Quique, gañador de tres edicións, empatando co gran M.Maneiro, como os mellores xogadores ate o momento na LFC. De seguro que non lle vai ser fácil revalidalo título nesta nova tempa...